O Museo do Traxe Juanjo Liñares acolleu na tarde de onte a presentación do libro de poemas ‘Anamnese’. A obra está asinada pola escritora Eli Ríos, estreitamente vinculada ao municipio de Ordes, que no acto estivo acompañada pola editora Maricarmen Romero, de Sotelo Edicións. ‘Anamnese’ foi galardoado este ano co II premio de poesía Loureiro Rey.