Os visitantes degustaron castañas asadas, xabarín cociñado en diferentes receitas e postres elaborados con productos do outono
O Concello de Touro acolleu hoxe a veciños e forasteiros na súa XI Feira da Castaña. A celebración coincidiu coa fiera do día 5 de cada mes que se celebra nas rúas de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. A XI Feira da Castaña tivo o seu máximo exponente no magosto organizado polo Concello para todos os que quixeran degustar castañas asadas. Comenzou arredor das 12.30 horas. Durante a XI Feira da Castaña pouco choveu e moitos veciños e forasterios achegáronse ata a carpa instalada diante da Sede do Concello. Alí poideron tamén degustar outros productos típicos do outono. Incluso a TVG grabou imaxes da feira para emitir no programa Aquí Galicia o próximo domingo á tarde.
Os establecementos de hostelería de Touro encargáronse das elaboracións “máis saborosas da gastronomía do Concello”. A base das receitas foron as castañas, os cogumelos e o xabarín. As racións de xabarín elaborado con diferentes ingredientes e distintas receitas foron servidas aos visitantes na carpa instalada diante do Concello de Touro. Todos chuparon os dedos do bon que estaba elaborado o xabarín. Tamén se poideron degustar postres feitos con productos da tempada do outono. Estaban boísimos, según falaron moitos dos que os probaron.