Friday 22 de November de 2024

Touro celebra mañán a XI Feira da Castaña


 

O Concello de Touro, como xa e costume en cada outono, celebra mañán martes, 5 de novembro de 2019, a XI Feira da Castaña-Exaltación dos Productos do Outono. Coincidindo coa celebración da feira mensual nas rúas de Fonte Díaz, está prevista a celebración da XI Feira da Castaña, que inclúe a degustación gratuita de productos do outono. Non faltará o tradicional magosto feito coas castañas dos castiñeiros da zona.

Pola súa banda, os establecementos de hostelería de Touro ofrecerán as elaboracións “máis saborosas da gastronomía do Concello de Touro”. A base das receitas serán as castañas, os cogumelos, o xabarín e os postres caseiros. Os locais de hostelería participan ofrecendo degustacións .

A partir das 12.00 horas e diante da sede do Concello de Touro está previsto o magosto tradicional e tamén a degustación de postres feitos con productos da temporada do outono. No Concello, durante a mañán, tamén se fará entrega dos premios aos gañadores do III Concurso Plástico Dona Castaña.

Prensa Concello de Touro: 679.486.961.

[Mensaje recortado] Ver todo el mensaje
Zona de los archivos adjuntos