O proxecto contempla o cambio de máis de 500 puntos de lumínicos, o que se traduce nun aforro anual de pouco máis de 50.000 €. O IDAE concédelle unha axuda ao Concello de case 162.000 €
O Concello de Ordes levará a cabo en próximas datas un amplo plan de mellora do sistema de iluminación público. O investimento total para este proxecto acada os 2012.439,05 euros, dos cales 161.951,24 euros serán sufragados coa axuda concedida por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) dentro do marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-20, orientado a proxectos singulares das entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono.
A renovación de distintos alumbrados municipais, moitos deles obsoletos e deteriorados polo paso do tempo, faise máis que aconsellable. Tras o pertinente estudio e a elaboración do inventario son máis de 500 puntos de luz a cambiar ao longo das rúas Galicia, Rosalía de Castro, Campeiras, Alfonso Senra, Campo da Feira e na zona de Guindibó. Con todo isto estipúlase un aforro de 56.090 euros anuais (266.347,49 kWh).
Os obxectivos son minorar o gasto enerxético a través de tecnoloxías máis eficientes, reducindo a potencia instalada, axustando os horarios de apagado e encendido, e implementando sistemas de regulación para o horario de madrugada. Outro xeito de incidir no aforro serán mediante o aumento da vida útil das luminarias, o axuste dos parámetros de iluminación segundo o tipo de vial e a adecuación das instalacións ao reglamento vixente. A actuación inclúe para cada centro de mando, entre outras, a substitución de luminarias por outras de tipo LED e a dos brazos para elevar os puntos de luz. Finalizadas as obras todas as instalacións terán unha calificación enerxética A, cumplindo co exposto no regulamento electrotécnico de baixa tensión.