O piloto de Touro, David González Souto, de 22 anos, logra o terceiro lugar ante numerosos afeccionados procedentes de toda Galicia que acudiron a Fonte Díaz para presenciar a xa clásica proba automobilística que chegaou a súa vixésimo primeira edición
O piloto Sergio Pena (vehículo número 2), da Escudería Scratch Fene, fíxose hoxe en Fonte Díaz, co XXI Slalom Concello de Touro, proba valedeira para o Campionato Galego de Slalom. Gañou a proba conducindo un Citroen Saxo VTS e cun tempo de 1.48.937. O subcampeón foi Fernando Rico Rodríguez (coche número 3), cun tempo de 1.51.434. Este piloto da escudería A. Ferrol utilizou un BMW M3. O terceiro posto foi para David González Souto (coche número 5), da escudería Touro Motor, cun tempo de 1.55.258. Destaca este terceiro lugar que obtivo o piloto local David González Souto, que conta con 22 anos e que utilizou un Peugeot 106 GTI. O piloto Manuel Souto Paderne, que nas edición dos anos 2017 e 2018 fíxose co título, quedou este ano no cuarto lugar, cun tempo de 1.56.775 e utlizando un Citroen Saxo VTS. No quinto lugar situouse o piloto Daniel Lamas, da Escudería Scratch Fene que loita con Sergio Pena polo título de Campión Galego de Slalom 2019. Utilizou un Citroen Saxo VTS e marcou un tempo de 1.57.655.
Centos de persoas disfrutaron hoxe durante todo o día no Concello de Touro dunha proba automobilística nun día de ceos cubertos e con algunha chuvia. Pero o tempo non desanimou aos afeccionados ao motor que se achegaron ata Fonte Diaz, capital del Concello de Touro, onde estivo instalado o circuito urbano de 1,7 quilómetros sobre asfalto. Este Slalom Concello de Touro é unha proba xa clásica no calendario. Patrocinado polo Concello de Touro, a organización da proba levouna adiante a escudería Touro Motor, unha das firmas máis activas do panorama automobilístico en Galicia. O seu presidente, Ramón González, destacou a afluencia de pilotos e apostou pola consolidación desta cita automobilística. Agradeceu tamén o apoio dos voluntarios que participaron na organización. “Sin a súa axuda de todos os que se implican desinteresadamente non sería posible que o Concello de Touro acollese cada ano varias probas do motor das catro rodas”, apuntou.