Friday 22 de November de 2024

A recreación que Salvador Dalí fixo do Inferno de Dante exhíbese no Lustres Rivas


A mostra de 34 gravados estará aberta ata o 31 de xaneiro

O Centro Cultural Lustres Rivas está a exhibir unha nova exposición: “A Divina Comedia. O Inferno”, no que o xenio Salvador Dalí evoca e recrea dende a súa particular visión o primeiro dos cantos que integran a máis coñecida obra de Dante Alighieri.

A mostra está composta de 34 gravados procedentes dos fondos do Museo de Artes e estará aberta ata o día 31 de xaneiro.

O alcalde Manuel Ruiz foi o encargado de inaugurar esta mostra, acompañado das concelleiras de Cultura e Educación, Elvira Pisos e Maricarmen Vizcaya; do ex rexedor Ricardo Pérez Queiruga; e do capitán marítimo de Vilagarcía, Manuel Martínez, ademais das persoas que se animaron a asistir á apertura.

Ruiz Rivas puxo de relevo a inmensa calidade desta exposición –“pola que se pelexaría calquera cidade expañola”- e insistiu na necesidade de que saibamos aprezar o que patromonio existente en lugares como o Museo do Gravado. A este respecto, informou de que outra das coleccións desta entidade, tamén de Dalí, está sendo exposta en Zaragoza e xa leva preto de 40.000 visitas. “Temos que alzar a voz para que Riveira saiba a riqueza cultural que aquí temos”, concluíu.