Friday 22 de November de 2024

Boa acollida ao obradoiro de Marcha Nórdica impartido pola Asociación Somos Unidos por el Cáncer


 

O centro sociocomunitario de Sergude acolleu un completo obradoiro de Marcha Nórdica. Impartido pola Asociación Somos Unidos por el Cáncer, as persoas asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de preto esta práctica deportiva consistente en camiñar de forma natural cuns bastóns especificamente deseñados que favorecen a estimulación da drenaxe linfática e o fortalecemento e tonificación muscular. Unha forma sinxela, natural e eficaz de mellorar a condición física a calquera idade, con especiais beneficios para os pacientes oncolóxicos.

Durante o desenvolvemento do obradoiro as persoas asistentes puideron coñecer a técnica a través de varios exercicios e dun paseo pola contorna do Centro Sociocomunitario de Sergude. A práctica resultou de grande interese para as persoas participantes, que volverán a gozar dunha saída de Marcha Nórdica, agora que xa son coñecedoras da técnica, prevista para o vindeiro mes de novembro.