Saturday 16 de November de 2024

As rúas de Fonte Díaz acollen o próximo sábado o XXI Slalom Concello de Touro no que participarán arredor de 30 pilotos de toda Galicia


 

Touro acolle o próximo sábado día 2 de novembro, o seu XXI Slalom Concello de Touro. A proba automobilística, xa clásica no panorama galego, é puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2019. Os organizadores estiman que participarán arredor de 30 pilotos chegados de toda Galicia. O circuito da proba, organizada pola Escudería Touro Motor e patrocinada polo Concello de Touro, será sobre asfalto e está ubicado nas rúas de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Os organizadores, como xa é de costume, confían en que o tempo meteorolóxico non reste afluencia de afeccionados ao automobilismo. Tamén apoian a proba a Federación Galega de Automobilismo e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

A proba comenzará o sábado 2 de novembro coas verificacións administrativas e verificacións técnicas. A presentación dos pilotos no parque pechado e a publicación da lista dos pilotos que tomarán a saída está prevista para as 11.00 horas. Ás 11.30 horas procederase a iniciar a saída dos participantes nos adestramentos libres. A primeira manga dos adestramentos oficiais comenzará ás 14.30 horas. As saídas da primeira e segunda manga oficial será cando remate a manga de adestramentos oficiais. Ao finalizar a segunda manga oficial publicaránse os resultados e a entrega de premios. Está prevista tamén a actuación do grupo de rock The Cerne a partir das 18.30, cando xa remate a proba.

O Slalom Concello Touro, que xa cumple 21 anos celebrándose, forma parte dunha ampla oferta de actividades deportivas que se celebran anualmente no Concello de Touro, nun elevado número de casos ao aire libre. “Estamos satisfeitos da participación dos veciños e forasteiros e dos profesionais que, cada vez en maior número, acuden a participar nas probas deportivas que organizamos”, afirma el alcalde del municipio, Ignacio Codesido, quen espera unha numerosa afluencia de público durante o XXI Slalom Concello de Touro.