Rey recibiu as representantes da entidade para escoitar as súas demandas na mellora da zona comercial do centro da cidade
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no consistorio a presidenta e a vicepresidenta da Asociación de Comerciantes Distrito Picasso, Belén Chaver e Sandra Ripoll respectivamente, no que foi unha primeira toma de contacto institucional entre a entidade e o concello.
Chaver valorou a reunión de forma “moi cordial e positiva” posto que, explicou, “Rey escoitou todas as nosas peticións e entendeu á perfección as necesidades” desta zona comercial do centro da cidade. Entre estas peticións, destacou, están “a mellora do tráfico na zona, a accesibilidade e a humanización dalgunha rúa en concreto e o soterramento dos contedores de lixo”.
A presidenta da entidade herculina tamén lle pediu á rexedora que se potencie a accesibilidade da Casa Picasso posto que é un dos valores da zona que, ademais, “é moi visitado e aclamado por turistas e cruceiristas” que chegan á cidade.