Thursday 21 de November de 2024

O Consorcio intervirá nas cubertas do Pazo de Raxoi


Este martes celebrouse Comisión Executiva do Consorcio de Santiago, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé Sánchez Bugallo.

No transcurso da xuntanza avanzouse en diversas actuacións que se incorporan ao orzamento de 2020. En particular, resulta prioritario intervir nas cubertas do Pazo de Raxoi. Ademais, deuse conta dos pasos dados no eido da Administración dixital. Deuse a benvida ao concelleiro popular Alejandro Sánchez-Brunete, que pasa a ocupar o posto que deixou Agustín Hernández nos órganos de administración e xestión do Consorcio de Santiago; e despediuse á interventora do organismo, Consuelo Lage Ferrón