Europe Direct A Coruña organiza unha xornada sobre oportunidades de financiamento europeo para o turismo o vindeiro 7 de novembro
Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, organiza “Europa na Provincia da Coruña”, actividade destinada á difusión de programas de financiamento europeo, que este ano celebra a súa quinta edición cunha xornada adicada ó Turismo.
Será o vindeiro 7 de novembro, na Deputación Provincial da Coruña, e contará coa participación da Comisión Europea, da EASME e do programa Espazo Atlántico, para presentar diversas liñas de financiamento europeo a disposición do sector turístico. Así mesmo, contará cun panel de proxectos europeos no que participarán Turismo de Galicia, a Associação Empresarial de Portugal, SEGITTUR e a Mancomunidade de Municipios Sostibles de Cantabria.
A xornada está dirixida a representantes das entidades locais, empresas e asociacións da provincia da Coruña.
Para a inscrición ou información complementaria, contacte en europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.
Máis información dispoñible en www.dacoruna.gal/europedirect.