Thursday 21 de November de 2024

Máis de 80 persoas asistiron onte á posta en escena do espectáculo A nena e o grilo máis aló


 

Máis de 80 persoas achegáronse onte pola mañá á Casa da Cultura de Camporrapado para desfrutaren dunha mañá en familia co espectáculo A nena e o grilo máis aló. A sesión, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, inclúese dentro do programa de Dinamización Lingüística falaRedes.

A actividade contou coa presenza do alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; do delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, e máis do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O obra, presentada en formato de musical infantil e desenvolvida por Magín Blanco e Teatro de Ghazafelhos, fixo as delicias da cativada asistente.