O pasado mes de setembro o Instituto Galego da Vivenda e Solo sacou a licitación esta obra, cun investimento previsto de máis de 6,1 millóns de euros
Un total de 18 empresas presentaron as súas ofertas para optar ao contrato para a construción de 40 vivendas de promoción pública no Parque Ofimático da Coruña. Esta actuación foi licitada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) o pasado 23 de setembro por un importe de 6.123.785,21 euros, IVE incluído, e cun prazo de execución previsto dun máximo de 24 meses.
As 40 vivendas de promoción pública comporán un edificio que consta de tres sotos, andar baixo e cinco andares altos de vivenda, divididos en catro portais. Cada un destes portais dará servizo a un total de 10 vivendas, dúas por planta. Así mesmo, no andar baixo sitúanse tamén cinco locais comerciais, mentres que os tres sotos previstos conterán 89 prazas de aparcamento, 40 rochos e outras instalacións.
As 40 vivendas repartiranse da seguinte maneira, en función do número de dormitorios:
Número de vivendas Número de dormitorios Superficie últil
2 3 dormitorios. Vivendas adaptadas para o uso por persoas con mobilidade reducida 107 m2
5 2 dormitorios 65 m2
30 3 dormitorios 91 m2
3 4 dormitorios 106 m2