Saturday 16 de November de 2024

A presidenta da Mancomunidade de Ordes clausura o curso Autodefensa para mulleres en situacións violentas


 

Desenvolvido en Ordes contou con preto dunha vintena de participantes e foi impartido por especialistas da Federación Galega de Loita
Arredor dunha vintena de mulleres participaron esta semana no curso Autodefensa para mulleres en situacións violentas, levado a cabo pola Mancomunidade de Ordes. Ademais de técnicas para repeler ataques e de autodefensa, tamén se trataron aspectos de índole psicolóxica e emocional.
As clases tiveron lugar no local social situado na rúa Reconciliación, en pleno corazón da vila ordense, e estivo impartido e monitorizado por especialistas da Federación Galega de Loita pertencentes ás forzas e corpos de Seguridade do Estado. Ata alí se achegou esta mañá a presidenta da Mancomunidade, Susana García, quen se interesou pola actividade e falou co monitor e con todas as asistentes.
Para o desenvolvemento deste curso tamén se contou coa participación de Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Federación Galega de Loita; a Academia Galega de Seguridade Pública e Vicepresidencia do Goberno e Ministerio de Presidencia, Relación coas Cortes e Igualdade.