Saturday 23 de November de 2024

Este luns abre o prazo para inscribirse no novo curso de competencias dixitais


 

Haberá un máximo de 30 plazas e as persoas interesadas disporán ata o 31 de outubro para apuntarse. As clases terán lugar en Ordes todos os xoves de novembro a maio
A partir do vindeiro luns, 28 de outubro, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes abrirá o prazo de inscrición para participar no novo curso Apoio para as competencias dixitais. Unha aproximación ás novas tecnoloxías.
En total ofértanse 30 plazas destinadas ás persoas adultas, que serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición, polo que se recomenda que se realice coa maior antelación posible. As persoas interesadas disporán ata o 31 de outubro para formalizar as súas inscricións, trámite que poderán levar a cabo no Departamento de emprego do Concello de Ordes, situado no primeiro andar, ou ben nas oficinas da Mancomunidade de Ordes (baixos da alameda de Ordes).
O dito curso desenvolverase os xoves de novembro a maio en horario de mañá, na aula de informática da Casa da Cultura de Ordes. Ao longo dese tempo impartiranse nocións básicas sobre o manexo das novas tecnoloxías a través do ordenador, tabletas, teléfonos móbiles ou soportes electrónicos e dixitais en xeral. Correo electrónico, Internet, ferramentas dixitais etc serán algúns dos contidos que se aborden.
Ademais do Servizo de Drogodependencias e do CIM da Mancomunidade de Ordes, nesta iniciativa tamén participan as Consellería de Sanidade e a Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia; o Fondo Social Europeo e a Rede de Técnicos de Emprego de Galicia.