Preto de 60 veciños e veciñas dos municipios de Vedra e Boqueixón participan esta semana nunha completa viaxe cultural a Toledo e Aranjuez. A iniciativa, organizada de xeito conxunto polos dous Concellos, ofreceu tres xornadas cheas de visitas e lugares de interese.
Así, as persoas participantes tiveron a oportunidade de percorrer o Conxunto Histórico-Artístico de Aranjuez. Do mesmo xeito, descubriron os principais puntos de interese turístico de Toledo, aproveitando as súas fermosas vistas. Finalmente, visitaron as instalacións do Mosteiro do Escorial.