O estilista, con salón en Narón, gañou o seu terceiro premio á mellor colección de Vangarda dos Premios do Club Fígaro, os premios de barbería máis importantes do país
O estilista coruñés Antonio Calvo gañou o Premio á mellor Colección de barbería de Vangarda coa súa creación PHOENIX na décima edición dos Premios do Club Fígaro, outorgados pola entidade homónima e celebrados o pasado luns 22 de outubro en Madrid. É o primeiro perruqueiro español que consegue gañar en tres ocasiones este premio, un fito histórico que consolida a Antonio Calvo como o perruqueiro máis destacado da barbería creativa española.
Cunha posta en escena espectacular, as modelos desfilaron pola pasarela lucindo os traballos creados por Calvo inspirados no ave Fénix, un paxaro mitológico que rexorde das súas cinzas. A cantante Irene Caruncho, gañadora da cuarta edición do programa televisivo A Voz, achegaba ao momento un ambiente máxico que namorou ao público cantando en directo.
Estes premios outórgaos anualmente o Club Fígaro, a asociación de barbería máis importante do país, e que este ano celebraba a súa décima edición. Os Fígaro convertéronse nunha cita anual ineludible para os perruqueiros creativos máis prestixiosos de España, que este ano se reuniron en Ifema para ver desfilar na pasarela ás coleccións finalistas das cinco categorías: Perruqueiro Revelación, Colección Comercial Feminina, Colección Masculina, Vangarda e Perruqueiro Español do Ano. Antonio Calvo é xa todo un veterano nestes premios, e con este xa son cinco os Fígaro que ostenta despois de gañar en dúas ocasións na categoría Vangarda (2013 e 2016); Perruqueiro Revelación (2014) e Fígaro Pasarela (2013).
Antonio Calvo, é un dos perruqueiros creativos máis recoñecidos de España. Actualmente combina o seu traballo no Salón Antonio Calvo Estilistas, situado en Narón, a súa poboación natal, coa súa participación en eventos, shows, desfiles, ou sesións fotográficas. Calvo é ademais un dos formadores máis prezados a nivel nacional e internacional. En 2017, 218 e 2019 Antonio Calvo liderou a dirección artística dunha xira por Latinoamérica que lle levou a Colombia, #Ecuador e Perú con máis de 10.000 asistentes nos seus shows e formacións.