Friday 22 de November de 2024

Touroperadores rusos participan nunha viaxe para coñecer os principais recursos turísticos do Camiño Inglés


 

Un grupo de touroperadores rusos participan esta semana nunha viaxe de familiarización para difundir os principais recursos turísticos do Camiño Inglés entre o mercado ruso. Trátase dunha actividade organizada por Viajes InterRías que conta co apoio da Xunta de Galicia.

O grupo, composto por unha quincena de profesionais, trasladouse hoxe á Coruña onde puideron gozar dunha visita guiada polas zonas máis emblemáticas da cidade e visitar algúns dos espazos máis importantes en relación co Camiño Inglés, como a Torre de Hércules, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Pola tarde, o grupo trasladarase ata Fisterra para percorrer os últimos quilómetros do Camiño de Fisterra e Muxía.