Friday 22 de November de 2024

Medio Rural e o concello de Vilarmaior analizan as demandas e necesidades relativas ao agro dos veciños deste municipio coruñés


 

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde do concello de Vilarmaior, Carlos Vázquez, para coñecer de primeira man as demandas e necesidades relativas ao agro dos veciños deste municipio coruñés. Na reunión tamén estivo presente o diretor xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois.

Así, ambos dirixentes puxeron en valor as actuacións realizadas en materia de infraestruturas rurais, que permiten mellorar a calidade de vida dos veciños ao reparar as deficiencias nas vías de comunicación. Tamén analizaron a demanda de base territorial por parte das explotacións agrogandeiras da zona, que precisan máis superficie agraria útil para que as granxas sexan máis sustentables. Nese senso, o conselleiro sinalou que os proxectos de mobilidade de terras poden ser un recurso a ter en conta no concello.