Friday 22 de November de 2024

O próximo martes 22 de outubro remata o prazo para apuntarse á ruta de Goza do Ulla no Concello de Touro


 

O próximo martes, día 22 de outubro, remata o prazo para apuntarse á ruta do programa Goza do Ulla Polos camiños do Ulla no Concello de Touro. Os sendeiristas poden apuntarse chamando aos teléfonos 981.504.029 e 649.610.209 ou nos emails correo@concellodetouro.gal e turismo@concellodetouro.gal. A ruta de 12 quilómetros denominada Roteiro unindo camiños ‘De Novefontes a Souto do Barco pasando polo Pozo do Pego’ está previsto facela o sábado, día 26 de outubro. A saída será da Casa do Concello ás 9.45 horas. A senda percorre a marxe dereita do Ulla para achegarse a lugares como a Fervenza do Infeniño, o Pozo do Pego, o núcleo tradicional de San Pedro de Ribeira, Ponte Remesquide e a área recreativa de Souto do Barco. Haberá servizo de autobuses e quen o desexe pode reservar a súa praza tamén para comer na Parrillada Remesquide. Os organizadores recomendan non esquecer a cámara fotográfica para poder presentar a fotografías que fagan ao concurso ‘Touro en imaxes’.