Saturday 16 de November de 2024

A Xunta destaca a importancia das asociacións contra o cancro no apoio ás familias e na sensibilización da sociedade


 

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe á comida benéfica organizada pola Asociación Española contra o Cáncer (AECC) en Ordes. Alí destacou a importancia deste tipo de entidades na visualización desta enfermidade, na sensibilización da sociedade e no apoio ás persoas con cancro e ás súas familias.

O evento, organizado por noveno ano consecutivo pola asociación en Ordes, contou coa participación dunhas 400 persoas e serviu para recadar fondos así como para facer reconto das iniciativas impulsadas durante o último ano. Entre elas destaca a atención psicolóxica das persoas implicadas, charlas informativas ou andainas solidarias para a súa visualización.