Con 10.000 inscricións esgotadas en tan só 8 días, esta edición de ENKI convírtese na máis multitudinaria da súa historia
A alcaldesa Inés Rey deu o pistoletazo de saída da VI Carreira de Obstáculos pola Integración ENKI, a proba de carácter lúdico e educativo que ten como obxectivo principal a promoción da incl usión e da visibilidade de colectivos e persoas con discapacidade, ademáis do respeto e a educación na diversidade funcional.
Baixo o lema #Jugandoaganar, milleiros de persoas asistiron hoxe, desde as 16.30 horas, a unha xornada única en Galicia onde a inclusión, a educación en valores e a práctica deportiva foron as protagonistas absolutas da carreira.
Como novidade, este ano a proba cambiou de ubicación e realizouse no centro urbano da cidade. As e os participantes percorreron desde as 16.30 horas un circuito urbano de casi 2,5 km que transcurriu pola avenida da Mariña, avenida Montoto, chaira do Parrote, Porta Real e rematou na praza de María Pita, onde a rexedora da cidade, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, entregaron os premios.
No traxecto o público atopou múltiples obstáculos singulares, adaptados e preparados para que todo o mundo puidese superalos e desfrutar – sen barreiras – da proba, de forma individual ou colectiva: as tradicionais montañas de pneumáticos, os balóns de humor amarelo, o labirinto de cordas, un baño de escuma, a guerra de fariña sen glute, o grupo de zombis ou un xogo de corpo a terra non faltaron á súa cita con ENKI. Ademais, como novidade, este ano a carreira incluiu novos elementos deseñados polo alumnado da Universidade da Coruña grazas a un concurso que se impulsou para a súa implicación.
A VI Carreira de Obstáculos pola Integracón ENKI é unha iniciativa impulsada polo proxecto ENKI e conta coa colaboración da Fundación María José Jove, a Obra Social “La Caixa” e o Concello da Coruña. ENKI destina o 100% do diñeiro recaudado coas inscricións a proxectos e entidades sociais que promoven dunha forma efectiva a incorporación ao deporte das persoas con diversidade funcional.