Saturday 16 de November de 2024

Eva Acón destaca na entrega do premio periodístico Albarelo o papel dos farmacéuticos na medicina e a súa estreita vinculacion co paciente


A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo subliñou o rol do xornalista no campo da divulgación científica

A concelleira de Innovación, Eva Martínez Acón, acudiu esta tarde á entrega do Premio XIX Xornalístico Albarelo que outorga o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña onde destacou “o importante papel dos farmacéuticos na medicina e a súa estreita vinculacion co paciente”. O diálogo entre farmacéutico e pacientes, dixo, é vital para tranquilizar e axudar a cidadanía.

Ademáis subliñou que “as e os xornalistas e as farmacéuticas e os farmacéuticos xogan un rol decisivo no campo da divulgación científica, en especial nunha sociedade ávida de respostas no ámbito da saúde”.

Eva Martínez felicitou as tres premiadas, tres mulleres, que co seu traballo sitúan o foco na importancia da divulgación científica. “Explicádesnos dunha maneira sinxela descubrimentos que nos axudan a avanzar e que melloran a nosa calidade de vida, sinalou.

A xornalista de La Voz de Galicia Beatriz Abelairas recolleu o principal galardón pola súa reportaxe Farmacias que Curan. Elisa Álvarez (La Voz de Galicia) polo seu artigo O desabastecemento de medicamentos afecta cada vez máis ás farmacias e Laura Tardón (El Mundo) pola reportaxe A farmacia mariña: este animal cura o cancro, recibiro senllos accésits.