Friday 22 de November de 2024

O noiés Ramón Caamaño Cernadas expón 23 dos seus óleos na Casa da Cultura de Lousame ata o vindeiro 11 de novembro


 

O pintor Ramón Caamaño Cernadas, noiés con ascendencia lousamiá, protagoniza a mostra de pintura “A ría de Posmarcos”, que se pode visitar nestes días na sala municipal de exposición da Casa da Cultura de Lousame. Unha mostra que estará aberta ao público ata o vindeiro 11 de novembro.

Ramón Caamaño, xubilado do naval que comezou a pintar unha vez deixou o seu traballo, presenta en Lousame unha selección de 23 acrílicos sobre lenzo e táboa, seis obras máis ca súa anterior exposición na Casa da Cultura de Outes o pasado mes de abril.