Friday 22 de November de 2024

O Coliseo Noela acolle mañá venres a preestrea de “Anacos de Vida”


 

O Coliseo Noela acollerá mañá venres 18 de outubro, ás 20:30 horas, a preestrea do primeiro capítulo de “Anacos de Vida”, gravado a principios deste mesmo ano no municipio de Noia. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar aforo.

“Anacos de Vida” é un programa de televisión de Arraianos Producións para a CRTVG centrado na recuperación da memoria gráfica e oral a través da recuperación das pequenas e grandes historias que se agochan detrás das fotos antigas dos arquivos familiares. Así, o episodio que se proxectará mañá venres en Noia recolle a historia de Pepe Barrio, gran deportista e unha das persoas máis respectadas e queridas do municipio; e os preparativos da homenaxe ás dúas primeiras matronas de Noia: Angelita Durán e Pepita “A Pola”, organizada polo Concello de Noia.