Monday 25 de November de 2024

Goberno local e BNG anuncian a creación do Consello Económico Social como unha “ferramenta ao servizo da cidade”


 

O voceiro do grupo de Goberno, José Manuel Lage, e o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, compareceron esta mañá tras celebrarse a comisión de seguimento dos acordos asinados en xullo

O voceiro do grupo de Goberno, José Manuel Lage, e o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, compareceron esta mañá tras a celebración da comisión de seguimento dos acordos asinados en xullo entre ambas forzas políticas dentro do “marco de colaboración estábel durante o mandato 2019-
2023”.

Lage anunciou o impulso da creación do Consello Económico e Social como una ferramenta ao servizo da cidade da Coruña que permita implicar ao conxunto da sociedade civil e axentes económicos que aumente o diálogo en buscar solucións e medidas programas que nos permitan contribuír a mellora económica. Segundo Lage tuñas, o desenvolvemento e a composición deste Consello estudiarase para ser un organismo vivo e un marco de diálogo económico que permita traballar en común na busca de solucións aos problemas derivados, por exemplo, da crise industrial”.
Por outra banda, o voceiro do BNG, Francisco Jorquera, amosou a súa preocupación pola perda da capacidade industrial na comarca o que xustifica a creación do Consello Económico, como unha ferramenta na que estean presentes todos os actores económicos da cidade que poderán facer unha diagnose do estado desta industria.

Por outra banda, o voceiro socialista sinalou o compromiso do goberno de negociar co Estado a cesión de terreos do Agra do Orzán para a creación do futuro “pulmón verde” do barrio. “Pasamos do abstracto ao concreto, tomando decisións para o futuro da cidade”. Falou do impulso definitivo para a construción deste parque e “poñemos esa primeira pedra para que antes de que finalice o mandato poidamos avanzar o suficiente para ver feitos, aínda que existe una longa tramitación urbanística”.

Tamén, abordáronse varias actuacións en materia de benestar. En concreto, Lage referiuse á mellora dos recursos das bibliotecas, tamén á mellora das casas de acollida ou da potenciación do servizo de canguraxe buscando ampliar a política de conciliación familiar. Destacou a creación dun servizo de mediación, unha novidade nos servizos municipais que terá como obxectivo evitar litixios naqueles asuntos que afectan a actuacións municipais, “situación derivadas de proxectos xa en marcha ou outros que se atopan en tramitación”. “Isto é unha pata máis de todas as políticas de benestar que temos que poñer en marcha”.

“O goberno de Inés Rey susténtase en tres alicerces fundamentais, a reactivación económica, o impulso das políticas de benestar, e a aposta polo selo verde (sustentabilidade e mobilidade). Sobre estes tres alicerces construímos estes acordos.