Friday 22 de November de 2024

Inés Rey participa no acto inaugural das conferencias informativas da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña


 

Rey reuniuse fai unhas semanas coa directiva da asociación no consistorio para establecer as posibles vías participativas e de colaboración da entidade co Goberno local

A alcaldesa, Inés Rey, asistiu esta tarde ao acto inaugural das actividades do curso 2019-2020 da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña no Sporting Club Casino.

A entidade sen ánimo de lucro, que xa conta con máis de 50 anos de historia, convidou á rexedora para a clausura da conferencia informativa do día sobre “Comercio electrónico, contratación, seguridade e dereitos dos consumidores e usuarios” a cargo de Ignacio López Bustabad.

A mesa presidencial do acto estivo formada por Rosa Otero, presidenta da asociación, Encarnación Fojón, vicepresidenta da asociación, e por Inés Rey, alcaldesa da cidade.

O pasado 4 de setembro Rey reuniuse con representantes da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios para establecer as posibles vías participativas e de colaboración da entidade co Goberno local co obxectivo de manter entre ambos un contacto fluído de cara a solucionar as principais demandas da veciñanza da Coruña.