Preto dun cento de persoas asistiron o pasado domingo á actuación que Kote Malabar ofreceu no Campo da Feira de Lestedo. Grandes e cativada gozaron con este espectáculo de novo circo incluíuse dentro do programa Feiras Activas do Concello de Boqueixón.
A seguinte cita das Feiras Activas desenvolverase novamente en Lestedo o vindeiro 20 de outubro. Desta volta, o grupo Luz do Ilicino, pertencente á Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio, encargarase de amenizar a mañá cunha actuación musical que dará comezo ás 12.30 horas.
O programa Feiras Activas é unha iniciativa impulsada a través dos Departamentos de Cultura e Turismo de Boqueixón coa que se pretende incentivar e potenciar os mercados de Lestedo (no primeiro e terceiro domingo de cada mes) e de Rodiño (o segundo domingo de mes) aportando un valor engadido a través de propostas culturais e de lecer. Dende o Concello animan a veciñanza e visitantes a participaren nas distintas actividades propostas para este mes e para o vindeiro de novembro.