Friday 22 de November de 2024

O Goberno local augura que o Aeroporto de Alvedro logrará este ano o récord en número de pasaxeiros da súa historia


O pasado mes foi o mellor mes de setembro na historia do aeroporto, sumándose ao mellor agosto

Desde o Concello da Coruña confírmase a consolidación no crecemento do aeroporto de Alvedro tras acumular cifras positivas durante 41 meses consecutivos. “Constátase o crecemento en todas as rutas e en todas as compañías”, asegura a alcaldesa Inés Rey.

Ademáis de elevar as súas cifras, o aeroporto coruñés conseguiu o pasado mes de setembro o récord en número de viaxeiros, sendo o mellor mes de setembro da historia do aeródromo. A esta marca hai que engadir o mellor mes de agosto e tamén o mellor dato nun mes en tráfico de pasaxeiros que foi xullo de 2019.

Por outra banda, estas alturas do ano o dato interanual de tráfico de viaxeiros xa supera os 1,3 millóns e se prevé que, se pecha así o ano, sería o dato anual xamais alcanzado en tráfico de pasaxeiros na Coruña.

Aínda así, o Concello da Coruña traballa por mellorar a conectividade e o crecemento das rutas nacionais, así como o aumento da carteira de destinos internacionais para optimizar a competitividade do aeroporto e, polo tanto, do destino.

Nos últimos anos Alvedro foi o aeroporto galego que máis creceu. Os datos de AENA reflicten que durante o pasado ano utilizaron a terminal máis de 1.225.763 persoas, o que supón un aumento do 7,4% frente aos datos de 2017. A anterior mellor marca estaba no ano 2007 con 1.266.763 pasaxeiros.