Persoas usuarias deste servizo de apoio e profesionais deron a coñecer as súas experiencias durante o encontro organizado pola Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos de Galicia (Predif)
O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, destacou esta mañá a importancia dunha asistencia personalizada e de proximidade para todas aquelas persoas con dependencia. Así o manifestou durante a súa intervención na xornada que a Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados Físicos de Galicia (Predif) desenvolve no Centro de Promoción de Autonomía Persoal do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso), en Bergondo.
Ildefonso de la Campa conforma o programa de conferencias sobre esta materia no que tamén participaron tanto usuarios como asistentes persoais, que tiveron a oportunidade de contar as súas experiencias para achegar unha perspectiva máis próxima da realidade.
Neste sentido, o director xeral, que falou sobre o servizo da asistencia persoal en Galicia, incidiu en que a figura do asistente responde sempre ó dunha persoa con formación neste campo, e que pode estar contratada tanto a través dunha entidade como de maneira autónoma. Ademais, lembrou que a axuda para a súa contratación non só está destinada para promover a súa autonomía, senón tamén a facilitar o acceso á educación ou ao traballo.