Friday 22 de November de 2024

O Concello apoia as actuacións do Eixo Atlántico para modernizar a liña ferroviaria Ferrol-A Coruña-Lugo


Inés Rey mantivo esta mañá unha reunión co secretario xeral do organismo, Xoán Vázquez Mao, para analizar o papel dos municipios no desenvolvemento do mapa de comunicacións de Galicia.

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá en María Pita co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, nun primeiro contacto institucional que serviu para analizar o papel que desempeña o Eixo Atlántico e concretar algunhas das liñas de traballo que levan a cabo e que teñen máis interese para o Concello da Coruña.

Vázquez Mao gabou o labor que se está a levar a cabo en relación co desenvolvemento da Axenda Urbana da Coruña e, aproveitando a visita do secretario xeral do Eixo Atlántico en María Pita, tratouse tamén o posicionamento estratéxico da cidade e a súa acción exterior en xeral.

Na reunión confirmouse a celebración na Coruña, en decembro, do torneo de Hóckei do Eixo, no que participarán, coa organización da Concellería de Deportes, dúas equipas da cidade e dúas portuguesas.

Inés Rey destacou a importancia da Eurorrexión no contexto de consolidación das Áreas Urbanas Europeas, máis de 6 millóns de habitantes, universidades e centros de investigación, infraestructuras, etc.

O secretario xeral do Eixo incidiu especialmente na trascendencia do eixo Coruña –

Ferrol e Coruña – Lugo – Monforte como vía de saída cara a Europa das

mercadorías dos peiraos de A Coruña e Ferrol, os únicos de augas profundas da zona.

Ademáis, ante o inicio dunha nova programación comunitaria, con novas políticas, Galicia, explicou, debe estar en primeira liña porque “en función de como se harmonicen as políticas poderanse despois recibir os fondos necesarios para levar a cabo actuacións pendentes”. Calcula que para completar o mapa de comunicacións da comunidade necesitaríanse preto de 5.000 millóns de euros que poden ser cofinanciados pola Unión Europea nun 50% mentres que o resto poderíase achegar vía préstamos do Banco Europeo de Investimentos.