Friday 22 de November de 2024

A Casa do Concello de Riveira tinguirase de azul polo Día Mundial da Dislexia e da Saúde Mental.


Celebración do Día Mundial da Dislexia e da Saúde Mental

 

Co motivo da celebración do “DÍA MUNDIAL DA DISLEXIA” e do “DÍA MUNDIAL SAÚDE MENTAL” que teñen lugar no día de hoxe, o Concello de Riveira a partir das 20.00H desta tarde procederá a iluminación en cor azul turquesa da fachada da casa consistorial en sinal de apoio a tódalas persoas que sofren dislexia ou algún tipo de enfermidade mental.