Sunday 24 de November de 2024

O Concello de Noia repara varios tramos de beirarrúas na parroquia de Barro


 

O Concello de Noia está acometendo nestes días pequenas actuacións de mellora nas beirarrúas da parroquia de Barro. “Trátase de dar continuidade ao noso plan de reparación de beirarrúas en todo o municipio, polo que durante estes días fixemos reparacións de determinados tramos de beirarrúas en Barro”, explica o concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón.

“Son pequenas actuacións pero que melloran a seguridade viaria dos peóns”, incide o concelleiro. Neste sentido, destaca que nos últimos tempos o Concello de Noia ten realizado actuacións de mellora nas beirarrúas de Argote (Argalo) ou en distintas rúas da vila, como na rúa Ángel Senra. Ademais destas melloras, tamén se ten acometida a construción de novos tramos en O Obre, Orro, Sueiro, Boa, Barro e San Bernardo, entre outros. Nestes momentos tamén se están a mellorar as beirarrúas da contorna da Praza das Américas, dentro das obras de humanización desta contorna.