A Garda Civil de Touro celebrou hoxe o día da súa Patroa, a Virxe do Pilar. Máis de 100 personas participaron nos actos do 12 do outubro, que comenzaron as 13.00 horas cunha misa en honor á Virxe do Pilar na igrexa Parroquial de Touro. Posteriormente os invitados achegáronse ata o cuartel da Garda Civil en Fonte Díaz, capital do Concello. Alí poideron disfrutar dun ágape ofrecido polos gardas civís que traballan día a día no Concello de Touro. O comandante do puesto, o cabo Víctor Pena, exerceu de anfitrión. Acudiron veciños e veciñas e tamén asistiu o alcalde de Touro, Ignacio Codesido; o tenente alcalde Jesús Martínez, e outros membros da corporación do Concello de Touro. O cuartel da Garda Civil de Touro conta con tres membros que traballan no eido de todo municipio. O alcalde de Touro destaca a relevancia e importancia para o Concello da presencia do cuartel da Garda Civil e dos tres representantes de Benemérica, que velan as 24 horas dos 365 días do ano pola seguridade de veciños e veciñas de Touro.