300 peregrinos e peregrinas de toda España completaron esta mañá a etapa do Camiño Inglés que une as localidades de Bruma (Mesía) e Sigüeiro (Oroso). Un traxecto que na súa meirande parte transcorreu polo municipio de Ordes, onde fixeron escala na aldea de Poulo. O grupo está formado por integrantes da iniciativa #Up2u Project que, dende o pasado mércores e ata mañá, están a levar a cabo o III Camiño dos Valores. Esta proxecto aglutina un equipo multidisciplinar que engloba a xuristas como José Antonio Vázquez Taín ou a canaria Reyes Montero. Tamén participan expertos en comunicación, emprego e educación, co obxectivo de crear as sinerxias necesarias para a integración plena dos menores en risco de exclusión social. Acompañándoos en todo momento estiveron as concelleiras de Deportes e Comercio, Ana Soneira e Yessica López respectivamente.
Articulos relacionados
A exposición “Mulleres que”, de Micaela Campanini, abre a celebración do 8M en San Sadurniño
marzo 7, 2022 Comments are off 0 visitas
A mostra de láminas inaugurarase oficialmente mañá martes, 8 de Marzo, ás 12:30h nun acto ...
A Axenda Cultural de xuño vén repleta de música e maxia, coa presentación do libro-documental de Kepa Junkera como prato forte
junio 2, 2023 Comments are off 0 visitas
• Celebrarase tamén unha coferencia sobre as investigacións dos cultivos da mazá e as variedades ...
Abegondo aproba o gasto plurianual para amoblar o novo Pazo dá Cultura dos Loureiros
septiembre 8, 2025 Comments are off 0 visitas
A medida saíu adiante nun pleno extraordinario co voto a favor do equipo de goberno ...
