Monday 25 de November de 2024

O Concello de Boqueixón e a Asociación Somos Unidos por el Cáncer organizan para o día 26 un obradoiro de iniciación á Marcha Nórdica


 

O Concello de Boqueixón e a Asociación Somos Unidos por el Cáncer organizan un obradoiro de iniciación á Marcha Nórdica. Esta sesión ten como principal obxectivo dar a coñecer os fundamentos do exercicio físico en pacientes oncolóxicos, así como amosar os beneficios para a saúde desta actividade deportiva.

O obradoiro desenvolverase o vindeiro 26 de outubro no Centro Sociocomunitario de Sergude. A sesión terá lugar entre as 10.00 e as 13.30 horas e comprenderá unha parte teórica e outra práctica. No primeiro caso, ofrecerase unha charla dunha hora aproximadamente sobre os Fundamentos do exercicio físico en pacientes oncolóxicos e Introdución á Marcha Nórdica. Tamén se aproveitará esta primeira parte da xornada para presentar a Asociación Somos Unidos por el Cáncer.

A segunda parte do obradoiro comprenderá un taller práctico. Dende a agrupación aportarán os bastóns precisos para que as persoas participantes poidan aprender as nocións básicas sobre a técnica de marcha nórdica.

Esta actividade é de balde, se ben conta con prazas limitadas. As persoas interesadas en participar deberán anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boqueixón (981 513 061 // ana.anta@boqueixon.es).