Friday 22 de November de 2024

10.000 valentes gozarán este sábado da 6.ª Carreira ENKI Galicia na Coruña


Esta mañá presentouse no concello a proba, que terá lugar o día 19 entre as 16.30 e as 19.30 h na avenida da Mariña, Parrote e praza de María Pita.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada polo concelleiro Juan Ignacio Borrego e a concelleira Yoya Neira, e o presidente de ENKI, Ángel López, presentaron esta mañá no consistorio a 6.ª edición da Carreira de Obstáculos pola Integración ENKI, unha proba de carácter lúdico e educativo, que ten como obxectivo principal promover a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con discapacidade, admáis do respeto e a educación na diversidade funcional.

Baixo o lema #Jugandoaganar, milleiros de persoas asistirán este sábado, entre as

16.30 e as 19.30 horas, a unha xornada única en Galicia, na que a inclusión e a práctica deportiva serán as protagonistas absolutas desta carreira, de carácter aberto e non competitivo. “A Coruña é o escenario dunha cita que dá visibilidade a colectivos, a persoas con discapacidade funcional nunha carreira na que imos correr todos, non ides estar sós, o Concello estará alí para apoiar”, asegurou Inés Rey, quen tamén recordou que este ano a proba cambia de localización e realizarase no centro urbano da cidade, no Parrote e na praza de María Pita.

Tal e como apuntou Ángel López, trátase da edición más multitudinaria de ENKI, que esgotou as 10.000 inscricións disponibles para a carreira en tan só 8 días. “Sen a axuda dos colaboradores, como é o Concello da Coruña, a sexta edición de Enki non sería posible”, asegurou López, quen tamén deu a coñecer as novidades do

circuíto de obstáculos desta edición, e enunciou que “o mundo vai ver que Galicia e

A Coruña xogan a gañar na visibilidade da diversidade funcional”.

As e os participantes percorrerán, a partir das 16.30 horas da tarde, un circuíto urbano de case 2,5 km que se situará entre a avenida da Mariña, avenida Montoto, chaira do Parrote, Porta Real e praza de María Pita. No traxecto, o público atopará múltiples obstáculos singulares, adaptados e preparados para que todo o mundo poida superalos e gozar da proba, de forma individual ou colectiva: as tradicionais montañas de neumáticos, os balóns de Humor amarelo, o labirinto de cordas, un baño de escuma, a guerra de fariña sen glute, o grupo de zombies ou un xogo de corpo a terra non faltarán á súa cita con ENKI. Ademais, como novidade, este ano a carreira inclúe novos elementos.

“Realizamos un concurso coa Universidade da Coruña para implicar ao alumnado no deseño e produción dun novo obstáculo, que será sorpresa ata o propio día da carreira“, sinalou Ángel López. Durante a proba, distintos grupos de animación darán vida ao percorrido das e os 10.000 asistentes.

Durante a presentación, o presidente de ENKI tamén lembrou que a organización outorgará, un ano máis, diferentes premios entre os asistentes, entre os que destaca o galardón ao equipo co disfrace máis orixinal. Así, animouse a todas e a todos os participantes, así como á cidadanía en xeral, a “vestir as súas máis divertidas e estrambóticas galas” para garantir “unha tarde chea de cor, alegría e diversión ao redor da diversidade”.

A VI Carreira de Obstáculos pola Integración ENKI é unha iniciativa impulsada polo proxecto ENKI e conta coa colaboración da Fundación María José Jove, a Obra Social “La Caixa” e o Concello da Coruña. ENKI destina o 100% do diñeiro recadado coas inscricións a proxectos e entidades sociais que promoven dunha forma efectiva a incorporación ao deporte das persoas con diversidade funcional.