Saturday 16 de November de 2024

O Concello colabora con Ecovidrio na campaña Recicla vidro por elas con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama


 

A praza de Lugo conta desde hoxe con dous contedores rosas para o depósito de vidro. A entidade transformará os envases reciclados nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade Fronte ao Cancro

O Concello colabora desde hoxe e ata o día 26 na campaña Recicla vidro por elas, unha iniciativa solidaria impulsada pola entidade sen ánimo de lucro Ecovidrio co obxectivo de mobilizar a cidadanía para reciclar envases de vidro e contribuír así cunha causa solidaria: a loita contra o cancro de mama.
A campaña, que se pon en marcha con motivo da celebración o vindeiro sábado día

19 do Día Mundial de Cancro de Mama e na que participan máis de 80 cidades, consiste na instalación na praza de Lugo de dous contedores de recollida de vidro en cor rosa para que a veciñanza poida depositar os seus envases e, ao mesmo tempo, colaborar nun fin solidario. Ecovidrio transformará os envases reciclados nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade Fronte ao Cancro de Mama coa que colaboran por cuarto ano consecutivo.

Como símbolo da concienciación e a solidariedade con el cancro de mama, Ágatha Ruíz da Prada deseñou un miniglú especial para a ocasión que se poderá adquirir a través da web miniglú.es. Os beneficios obtidos coa súa venda destinaranse á fundación de Sandra Ibarra para contribuír á investigación do cancro.

Durante o acto de presentación da campaña, a concelleira de Medio Ambiente,

Esther Fontán, cualificou a iniciativa de “moi positiva porque contribúe non só á

concienciación ambiental senón tamén e á loita contra o cancro” e mostrou a

intención do Concello para colaborar con Ecovidrio en futuras actuacións.

Pola súa banda, o delegado de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández, agradeceulle ao Concello a súa colaboración nesta iniciativa solidaria “na que facemos compatible o beneficio ambiental que supón reciclar vidro e que, ao mesmo tempo, nos axuda a mobilizar a cidadanía para que co seu esforzo podamos contribuír á loita contra o cancro de mama”. “A Coruña sempre mostrou o seu apoio a campañas coma esta e aquí damos o pistoletazo de saída para transformar o vidro nunha doazón”, explicou.

Segundo os últimos datos relativos a 2018, as e os habitantes de Coruña reciclaron un total de 3.680.760 quilogramos de envases de vidro, o que supón que cada habitante reciclou de media 15,0 kg.
Respecto á taxa de contenerización, Coruña sitúase cunha media de 375 habitantes por contedor, contando cun total de 653 iglús para os residuos de envases de vidro instalados.