O desprendemento de cascotes sobre persoas e vehículos nas prazas de garaxe sitas baixo as obras de remodelación, leva a diferentes grupos da oposición a facer unha fronte común na esixencia dun informe pericial urxente que evalúe a situación de risco así como a inminente protección dos veciños e usuarios a través da adopción das medidas necesarias.
Podemos denunciar que xa vimos de sofrir unha expresa falta de resposta e pronunciamento dos responsables municipais ante os requerimentos de información que os diferentes grupos da oposición levamos facendo dende o inicio das obras, como consecuencia de varios aspectos da mesma sin esclarecer.
A esta desinformación podemos sumar a lamentable situación vivida esta fin de semana, co desprendemento de cascotes sobre persoas e vehículos, xunto coas inundacións no interior do garaxe, no que literalmente “chove dentro”.
Avisados o Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo (que nin colleu o teléfono nin respostou á chamada) o mesmo sábado das inundacións e desprendementos, a día de hoxe, os Concelleiros e Concelleiras da oposición seguimos sin ver ningunha actuación orientada a garantir a seguridade dos veciños e veciñas e previr posibles accidentes como os xa acontecidos.
Non podemos quedar calados ante unha situación como a descrita. É obriga das autoridades garantir a protección das persoas ante eventuais riscos como o desprendemento de cascallos.
É por este motivo que diferentes grupos con moi diferentes sensibilidade política famos unha fronte común para velar pola seguridade das persoas, motivación que fai que asinemos un escrito conxunto no ánimo de que os Responsables políticos cumpran coa sua obriga e o fagan antes de ter que lamentar mais situacións como as producidas esta fin de semana.
No escrito que adxuntamos á presente nota solicitamos:
1º.-
Sexa realizado con carácter INMEDIATO e URXENTE un INFORME PERICIAL por Arquitecto Técnico Cualificado, valorando a potencial perigosidade do estado actual das obras, así como a determinación de responsabilidades ante a caída de cascotes sobre particulares.
2º.-
Sexan adoptadas as medidas necesarias e oportunas para garantir a TOTAL SEGURIDADE das persoas e vehículos usuarios das prazas de garaxes.
3º.-
Sexamos INFORMADOS OS GRUPOS DA OPOSICIÒN con carácter inmediato da situación real actual das obras, responsabilidades, previsions e medidas que tomou, no seu caso, e ten previsto tomar o goberno ante a situación descrita e a desfavorable previsiòn de choiva para os vindeiros días.