Friday 22 de November de 2024

O Club de Maiores e o Concello de Boqueixón organizan un curso de informática


O Club de Maiores, en colaboración co Concello de Boqueixón, convoca o curso Ponte ó día coas novas tecnoloxías. Trátase dunha acción formativa de informática dirixida á poboación maior do municipio e que se pretende desenvolver entre os meses de novembro e xuño.

As sesións desenvolveranse todos os venres entre as 19.00 e as 20.30 horas na Aula de Usos Múltiples do Concello de Boqueixón. O prezo do curso será de 10 euros por mes. As persoas interesadas en anotarse, deberán chamar ao teléfono 652 963 263, no que tamén poderán obter máis información.

Entre os coñecementos que se impartirán no curso Ponte ó día coas novas tecnoloxías atópanse nocións de informática básica, como os compoñentes dun equipo informático e gardado de información, ou de mecanografía, procurando axilizar o uso do teclado. Xa no tocante á Internet as persoas participantes nas sesións aprenderán a realizar buscas de información de xeito seguro, o manexo do correo electrónico e tarefas nas que se usa a Internet dende o fogar.

O comezo das clases realizarase toda vez que se obteña un grupo de polo menos 10 persoas participantes. Por tanto, dende a organización aclaran que pode ser tanto en novembro como noutro mes.