Friday 22 de November de 2024

A Xunta reitera o seu apoio ás asociacións que impulsan proxectos e actuacións en prol de igualdade


A secretaria xeral de Igualdade asistiu hoxe á inauguracións das instalacións da Asociación Amigos da Cultura e do Ocio “Aires Nosos”

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella reiterou hoxe o apoio do goberno galego ás asociacións que se implican na eliminación das discriminacións e que impulsan a realización de proxectos e actuacións a prol da Igualdade.

Susana López Abella asistiu hoxe á inauguracións das instalacións da Asociación Amigos da Cultura e do Ocio “Aires Nosos”, onde gabou o traballo da asociación pola promoción da igualdade entre mulleres e homes, e que a dia de hoxe ten 208 asociados, dos que 189 son mulleres e 19 homes

Segundo palabras de López Abella, dende o ano 2007, no que se constitúe a Asociación, están traballando a prol do fomento das condicións do exercicio dos dereitos de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, contribuíndo á conciliación da vida laboral e familiar.
A titular de Igualdade lembrou que este ano como novidade no marco da orde de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas para mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes, incorporouse unha nova liña dirixida ao financiamento de investimentos das entidades a través de equipamento, obras de mellora ou acondicionamento, cofinanciadas nun 80 por cento con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e nun 20 por cento con cargo a fondos FCI.

A través deste orde de concorrencia competitiva, a Asociación “Aires Nosos”, recibiu este ano, 20.000 euros para o Proxecto de adecuación do seu local, xa que en aras de atender axeitadamente as necesidades das persoas da asociación, a ampliación de servizos e actividades e, fundamentalmente, por criterios de accesibilidade deben mudar de local social xa que o antigo local estaba situado nunha primeira planta, dun edificio sin ascensor, que limitaba notablemente ou directamente impedía nalgúns casos, o acceso a persoas cunha mobilidade limitada ou reducida.

VI Plan galego para a Igualdade entre mulleres e homes
O VI Plan galego para a igualdade entre mulleres e homes, establece como obxectivo xeral avanzar na construción dunha sociedade máis próspera, plural e cohesiva, na cal a igualdade entre mulleres e homes sexa cada vez máis unha realidade efectiva en todos os espazos da vida pública e privada de Galicia, fixando ademais como un dos seus obxectivos estratéxicos dar resposta ás necesidades das mulleres en situación de vulnerabilidade, impulsar a participación destas mulleres e tomar en conside¬ración as súas necesidades específicas.