Saturday 16 de November de 2024

Benvida de Susana García ao alumnado do curso ESO  para persoas adultas


 

A concelleira de Educación de Ordes, Susana García, deulles a benvida aos alumnos e alumnas do curso ESO para persoas adultas. En total son 25 as persoas matriculadas nesta iniciativa organizada polo Concello de Ordes que, como é habitual, conta con Natalia Rodríguez como titora. Cómpre sinalar os excelentes resultados que en cada convocatoria se rexistran no caso dos grupos de Ordes, encabezando en moitísimas ocasións o ránking de aprobados. Uns datos “que animan tanto a seguir traballando con esta excelente mestra como a continuar ofertando un curso que brinda novas oportunidades de futuro dentro do eido laboral”, asegurou Susana García. O curso impartirase en horario de tarde na Casa da Cultura ata finais de maio, data na que terán lugar os exames finais.