O edil de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, participou esta mañá nunhas xornadas organizadas pola Asociación de Xoves Empresarios da Coruña AJE nas que expuxo o modelo de mobilidade urbana do Goberno local
O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, anunciou a creación dunha mesa pola mobilidade sostible na Coruña, “que funcione como un foro estable de traballo para analizar as propostas que nesta materia presenten os distintos axentes vinculados á mobilidade, tal e como se fai nas principaos ciudades europeas”.
O edil participou esta mañá no Club Financeiro nas xornadas sobre mobilidade organizadas pola Asociación de Xoves Empresarios da Coruña AJE. O encontro serviu para que o concelleiro expuxese as principais liñas de actuación que en materia de mobilidade ten previsto desenvolver o Goberno local e que se centran na recuperación do carril bus en ámbitos que se están a estudar, a reordenación das liñas de buses urbanos, a potenciación de BiciCoruña, a recuperación dos espazos público para o peón, e a revitalización da Cidade Vella, entre outras actuacións.
Villoslada subliñou durante a súa intervención que “é fundamental o compromiso da Xunta e Fomento nas decisións sobre infraestruturas e mobilidade metropolitana que inciden directamente na cidade”.
Tamén explicou que a Concellería traballa nas melloras da mobilidade nos accesos a polígonos e hospitais.” A estación intermodal e a integración dos novos espazos na malla urbana son retos vitais”, sinalou.