Saturday 16 de November de 2024

“O lobo ibérico, un gran descoñecido”: venres día 4 de outubro ás 20.30 h na casa da cultura da Pobra do Caramiñal.


 

O Concello da Pobra do Caramiñal quere dar a coñece-la importancia deste carnívoro nos ecosistemas do monte galego. Con este obxectivo, na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler vanse realiza-las seguintes actividades:

• “COÑÉCE-LO LOBO?”, VENRES, 4 DE OUTUBRO DE 2019, ÁS 20:30 h .
Esta conferencia durará uns 45 minutos e irá seguida dun documental de 15 minutos sobre o lobo e a gandaría: “Lobo e gando“

• UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DURANTE TODO O MES DE OUTUBRO, para visualizar diferentes aspectos deste animal: “Os lobos e a súa veciñanza“

O relator e fotógrafo é AGUSTÍN PÉREZ SOUTO, naturalista con experiencia no traballo de campo dende 1995, especializado no seguimento do lobo ibérico na Galiza e na comarca do Barbanza. Ten colaborado no censo do lobo na Galiza entre os anos 1999 e 2003. Na actualidade, participa na divulgación do lobo en diferentes organizacións e centros de ensino (Tourgalia, IES Urbano Lugrís, Pío XII, Caserío da Castiñeira, CM de Baroña…). É unha das persoas que participan no seguimento dos diferentes grupos de lobos no territorio galego, informando e asesorando gandeiras e gandeiros da nosa comunidade na convivencia co lobo, e ensinado a mellora-las medidas de prevención de ataque ó gando.