Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Noia licita por 85.000 euros a mellora de infraestruturas viarias no polígono industrial de Augalevada


 

O Concello de Noia vén de sacar a licitación as obras de mellora das infraestruturas viarias do polígono industrial de Augalevada por un importe de 85.309,85 euros e un prazo máximo de execución de 6 meses. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas no Concello noiés ata o vindeiro 21 de outubro.

As obras consisten na pavimentación dos dous viarios principais do polígono noiés, de 480 e 310 metros de longo e 8 metros de ancho, así como de dúas rotondas e dous abanicos con cinco centímetros de aglomerado en quente, previa preparación da base e con rego de imprimación incluído. A obra inclúe a adaptación de 22 pozos e arquetas á nova rasante, así como ao pintado de símbolos, cebreados e isletas preexistentes.