Friday 22 de November de 2024

Unha trintena de persoas participa na ruta de Galicia Sendeirismo “Cores de outono” polo Río Vilacoba e as minas de San Finx


 

Unha trintena de persoas participaron esta fin de semana na ruta de sendeirismo “Cores de Outono”, organizada por Galicia Senderismo polo Río Vilacoba e que incluíu unha posterior visita ás minas de San Finx. Unha ruta con participantes de distintas zonas de Galicia: A Coruña, Vilagarcía, Cerceda, Santa Comba, Rianxo, Vigo, Cabanas, Santiago de Compostela e Pobra do Caramiñal.

A ruta tivo lugar este sábado ao longo de 15 quilómetros, saíndo do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos para afrontar unha ascensión de 2 km ata o Monte Culou, dende onde baixaron ata a Ponte Vella do río Vilacoba. Finalmente, fixeron unha visita ás minas de San Finx, ata onde se desprazaron en autobús dende Portobravo. Un roteiro no que estiveron guiados polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero, e pola guía das Minas de San Finx, Mayte Sobradelo.