Friday 22 de November de 2024

Rey destaca os valores nos que se asenta a Universidade coruñesa


 

A alcaldesa asistiu á inauguración do curso académico 2019-2020 no Paraninfo, nun acto que presidiu o rei Felipe VI e o ministro en funcións, Pedro Duque

A alcaldesa Inés Rey asistiu esta mañá á inauguración do curso académico 2019-2020 no Paraninfo da Universidade, nun acto que presidiron o rei Felipe VI, o ministro de Educación en funcións, Pedro Duque, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o presidente de CRUE Universidades Españolas, José Carlos Gómez Villamandos, entre outras autoridades. A rexedora destacou a continua evolución dunha institución que na actualidade lle oferta ao estudantado un abano extenso de graos e dobres graos e a posibilidade de completar a formación con estudos internacionais, docencia en inglés, másteres e programas de doutoramento, así como os propios da UDC e a Universidade Sénior.

Rey remarcou a calidade da ensinanza pública que lle dá formación ao estudantado en igualdade de dereitos e deberes, sen ningunha discriminación e recordou que a infraestrutura que hoxe empeza a rodar nos campus de Elviña e na Zapateira, así como en Ferrol, especializará neste curso a miles de mozas e mozas en Arquitectura, Enxeñería de Camiños, Ciencias da Saúde ou Socioloxía. A alcaldesa reafirmou a intención do Goberno local de apoiar os proxectos que leven o selo da institución para que non queden en ideas sobre o papel e dar acubillo nun futuro próximo ao talento que emerxe das aulas cunha cidade das TIC, na que rebotarán directamente das facultades para seguir medrando e evitar así que marchen do país. Rey entende que é responsabilidade municipal xerar riqueza e economía

baseándose na innovación e a tecnoloxía con prefixo coruñés, porque deste xeito as empresas e a industria valeranse por si mesmas sen ter que importar avances.