As Tardes de contos e lendas achegan unha nova historia na que os nenos e nenas de 5 e 6 anos aprenderán a importancia da igualdade de xénero. Aberto xa o prazo para inscribirse
A Biblioteca Muncipal de Ordes organiza unha nova sesión da súas Tardes de contos e lendas. Nesta ocasión cun marcado carácter igualitario grazas á historia Unha armadura con ferruxe, da compañía Garabato de Xogos. Un bo xeito de incentivar e traballar dende ben cedo a importancia da igualdade entre nenos e nenas. Esta iniciativa conta coa subvención Ler Igualdade, da Xunta de Galicia.
A sesión, dirixida á rapazada de 5 e 6 anos, terá lugar este vindeiro venres, 4 de outubro ás 18.30 horas. Quen queira acudir deberá inscribirse previamente en horario de mañá, ben na mesma biblioteca ou ben chamando ao 981 681992.