A pelota rula. Baixo este é o título un bo número de nenos e nenas de Ordes viviron unha tarde repleta de historias e creatividade na biblioteca municipal. E todo isto grazas ao programa Tardes e contos e lendas, que nesta ocasión brindoulles a oportunidade de enzoufarse con pinturas de todas as cores para personalizar as pequenas pelotas coas que foron agasallados.