Serán 125 horas, das cales 45 son presenciais e as restantes para realizar traballos fóra da aula. As clases impartiranse na Casa da Cultura de Ordes os martes e xoves durante os meses de outubro e novembro
Radio ECCA pon en marcha en Ordes o proxecto Fortalecemento da igualdade das mulleres na procura de emprego. Trátase dunha actividade formativa e de carácter semipresencial, especialmente orientada a mulleres desempregadas maiores de idade.
O contido divídese en tres módulos. Un sociosanitario sobre a intervención na atención hixiénico-alimentaria en institución, outro de emprego centrado na formación na procura dun posto de traballo, e por último o de saúde, no que se abordará a manipulación de alimentos e a problemática dos alérxenos e das intolerancias alimentarias.
En total serán 125 horas de formación, das cales 45 son presenciais e as restantes corresponden a traballos que se deberán realizar fóra da aula. As sesións presenciais serán todos os martes e xoves entre o 10 de outubro e o 28 de novembro, de 10 a 13 horas, na Casa da Cultura.
As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do CIM, situadas nos baixos da alameda de Ordes, chamando ao 981682108 ou ben a través do correo electrónico cim@mancomunidadeordes.gal. Tamén na fundación Radio ECCA, rúa José Luis Bugallal Machesi Nº 9, baixo, A Coruña, 15008. Teléfono 981293658. Correo electrónico: na@radioecca.org ou acorunaecca@radioecca.org.
Esta iniciativa está financiada pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello de Ordes e do CIM da Mancomunidade de Ordes.